Homenaxe aos Mártires da Liberdade de 1846
O día 27 de abril, ás 18.00h, en San Martiño Pinario, Praza da Inmaculada, a Coral de Solfa participará na homenaxe aos Mártires da Liberdade de 1846, xunto coa Asociación Lúa Chea de Teo e a Asociación Vagalumes da Estrada.
Con esta homenaxe pretendemos unha vez máis traer á lembranza estes sucesos de Abril de 1846, fundamentais para a historia de Galiza, como recoñecemento á loita pola democracia, vencellada sempre ao exercicio dos dereitos nacionais do pobo galego. Máis información en http://www.acogalo.net
Xornadas de Lingua e literatura.
Este mesto día, ás 19.30h a Coral de Solfa actuará nas Xornadas de lingua e literatura no IES AS Fontiñas, Rúa de Estocolmo, Nº 5 organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG.
Dende poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Castelao, Manuel María… e os nosos compositores como Xoán Montes, Chané, Adelino Martíns, Rosendo Vila, Xosé Carlos Seráns, Francisco Tobar… terán presenza neste concerto coas obras: A Rosalía, Campanas de Bastabales, Rosa de Abril, Negra, Sombra, Lela, Monte Viso, Cantiga, Bandinha, O Rama, Cançao Alentejana, O Cuco, Gato na Tuba e O carro.