Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Alegamos ao orzamento do Concello de Santiago pola decisión do alcalde de quitarnos a subvención

Alegamos ao orzamento do Concello de Santiago pola decisión do alcalde de quitarnos a subvención

1479 sinaturas de cidadáns foron presentadas hoxe, día 22 de maio, pola presidenta da Asociación cultural e musical Solfa, Lucía Carreira e os membros da directiva: María Xosé Santos e Abel Varela  denunciando ao Sr. Alcalde do Concello de Santiago pola súa decisión de retirarlle a asociación Solfa,  a axuda económica para realizar algo tan perigoso e nada aconsellable como: Concertos da Banda e Coral de Solfa, organizar semanas culturais, campamentos musicais, colaborar na organización do Certame Galego de Bandas de música, concertos na asociación Agadea, residencias de maiores, homenaxear a Rosalía de Castro… Pero, seguiremos a dinamizar, sobre todo, o Barrio das Fontiñas. Grazas polo voso apoio.