Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Agradecemento á Sociedade Cultural Medulio polo voso apoio

Agradecemento á Sociedade Cultural Medulio polo voso apoio

Grazas a Sociedade Cultural Medulio polo voso apoio e confirmamos unha nova actuación para o 2014. 

Co Torrente Ballester cheo e cun silencio admirativo, acompañado de entusiastas aplausos e manifestacións de xúbilo por parte do público asistente, desenvolveuse o día 25 pola tarde, entre as 19  e as 20.30 horas a actuación da banda, formada por rapaces e rapazas entre 11 e 18 anos, e o coro de mulleres e homes maduros, que conforman o grupo SOLFA de Santiago.

 

O repertorio previsto foi executado con entusiasmo e mestría técnica e, no caso do coro, un dos poucos que na Galiza canta exclusivamente en galego e portugués, cunha claridade dos textos rechamante.

Foi comentario xeralizado que, nun país normal, un grupo como SOLFA sería apoiado desde as institucións e gozaría de fama ben merecida.

 

 

 

Resulta alentador o empeño que, desde a base, este grupo de máis de cincuenta persoas, de distintas idades, xéneros e profesións, está a pór en desenvolver, con conciencia nacional e artística, a música e o canto entre a mocidade e os adultos. A Sociedade Cultural Medulio parabeniza SOLFA e anuncia xa que esperamos contar de novo con eles para o próximo ano.