Semana cultural en Solfa: Xoves, 27 de xuño
Os pianistas e a percusión poñen todo o seu saber para que o público continúe divertíndose e desfrutando desta semana cultural que está a piques de rematar. Lucía Fernández abre a tarde ao piano coa obra Festa de Bastien. Seguidamente na percusión, Belén e Yolanda Balboa, Xoán García, Javier García e Miguel Millán interpretarán obras de Michael Jansen, Finalmente o profesor de percusión, Francisco Troncoso, interpretaranos Open Attic Window de Erik Rackipov.
A continuación, Anxo Louzao Rodríguez, analizará o contido e as consecuencias negativas que a LOMCE trae para o ensino público na Galiza.
Conferencia. A LOMCE: Un asalto á educación pública.
Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez. Secretario nacional da CIG – Ensino e membro da Plataforma Galega en defensa do ensino público, Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia pola USC é profesor de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario.
Forma parte do Consello Escolar de Galiza, do Consello Escolar do Estado, da Mesa Sectorial Docente non Universitaria de Galiza e da Mesa de Negociación do Ministerio de Educación.
Ten publicados diferentes traballos sobre a realidade educativa galega, a problemática do profesorado e as alternativas do sindicalismo nacionalista para o ensino en Galiza. Impartiu diferentes conferencias e foi relator en diversos congresos e xornadas.