Semana cultural en Solfa: Venres, 28 de xuño
Teatro:
Con satisfacción finalizamos a semana cultural cun amplo programa. En primeiro lugar o Grupo de Teatro da Sociedade Cultural “Medulio” de Ferrol representa “O Mundo segundo Rosalía”. Dun xeito ameno os espectadores accederemos á magnífica obra de Rosalía de Castro, baixo a dirección de Francisco Rodríguez Sánchez.
Coro:
Seguidamente o Coro, baixo a batuta de Francisco Tobar Cereijo, interpretará obras tan relevantes de Rosalía de Castro como: Campanas de Bastabales ou Negra Sombra. Estarán presentes no repertorio Manuel Curros e Manuel María.
Banda de música:
Coa banda de música de Solfa, dirixida por Fernando Rey Mayo, Compostela, Suite Galaica e Mozos do penedo finalizará esta tarde nun ambiente de alegría e satisfeitos, seguro, polo bo traballo realizado. Festa garantida despois de tanto esforzo.