Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Temática Galega e terceiro premio para a Banda de Música de Solfa

Temática Galega e terceiro premio para a Banda de Música de Solfa

Banda de Solfa. Auditorio de Galicia. 16 de novembro de 2013

 

Parabéns á tod@s os compoñentes da Banda de Música de Solfa. Quedar de terceiros no VII Certame Galego de Bandas de Música Populares é unha satisfacción moi grande. Compartimos escenario coa Banda de Música Popular de Moaña “Airiños do Morrazo”, coa Banda Sinfónica Adagio Cantabile, coa Banda de Música de Vilatuxe, gañadora e coa agrupación Musical de Belesar que quedou en segundo posto. Tamén levamos o premio de Temática Galega.

Parabéns ao noso director Fernando Rei que coa súa ilusión e traballo fixo que onte puidesemos gravar no noso maxín un día inesquecíbel.

Pasodobre: Compostela de Bernardo del Río

Suite Galaica

Arieñium

Compostela