Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Agasallo no Nadal

Agasallo no Nadal

Concerto do Sexteto Tempo Catro: “Os ollos que falan”

O venres 10 de xaneiro ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, O Galo organiza, xunto coa Asociación Cultural e Musical Solfa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, un concerto do Sexteto Tempo Catro que presentará o seu novo disco ‘Os ollos que falan’.

Os ollos que falan. Rosalía de Castro

Este disco é unha producción da AS-PG. Trátase da musicación que realizou o sexteto Tempo Catro de once poemas de Cantares Gallegos. O disco mostra unha Rosalía actual e viva, capaz de comunicar con nós a través de temas como a conciencia sobre Galiza e o seu estado, o amor e o desamor, o erotismo e a sexualidade, en clave nada convencionais, por certo. Todos estes temas, e moitos máis, abrollan nestes cantares agora feitos música con ritmos de valse ou de fado; de salsa ou de xota; de mazurca ou pasodobre

O Sexteto Tempo Catro

Suso Iglesias (acordeón) e Andrés Pazos (piano), profesores do Conservatorio de Ferrol, forman parte de Tempo Catro canda Antonio Romero (contrabaixo), Javi Cedrón (violín) e Pablo Salgueiro (percusión). Begoña Lorenzo pon a voz a este proxecto que busca difundir os cantares de Rosalía neste ano no que se fai o 150 aniversario da súa publicación. Andrés Pazos e Suso Iglesias son autores dunha música no que se senten ritmos de valse, fado, salsa, mazurca, xota ou pasodobre.

Entradas para “Os ollos que falan”

O prezo é de 12€ na billeteira e 10€ anticipada. Podes mercala indo a páxina web da Asociación Cultural o Galo. http://www.acogalo.net. Para os soci@s de Solfa podedes collela chamando ao teléfono 676675030 – Lucía Carreira.