Vida e obra de Nicolasa Añón. 10 de maio en Outes
A Asociación Terra de Outes o día 10 de maio, sábado, ás 19.00h. fará pública unha investigación realizada por Ramón Blanco sobre a vida e obra de Nicolasa Añón.
Contará coa participación da comunidade escolar do Concello que dará lectura a diversos poemas de Nicolasa, presentarase unha exposición de pinturas realizadas por diversos escolares relacionadas coa obra da escritora e a actuación da Coral de Solfa que abrirá e pechará o acto.