Concerto da Banda de Música de Solfa no Colexio Público das Fontiñas
O Colexio Público das Fontiñas continúa organizando distintas actividades co motivo do XX aniversario da apertura do centro. A nosa asociación, moi gustosamente, está a participar nas actividades e, nesta ocasión, con moit@s ex alumno@s compoñentes da banda de música, daremos un concerto o día 23 de maio, venres, ás 19.30h. Animamos a tod@s os ex alumno@s a participar.
Programa
- The mask of zorro (J. Horner)
- Alborada (X. Carlos Seráns)
- Jurassic Park (J. Williams)
- Pandeirada (X. Carlos Seráns)
- Piratas do Caribe (K. Badelt)
- Titanic (J. Horner)