VII Encontro de Corais. Fontiñas 2014
Organizado co motivo do VII aniversario da Confraría de Santo Antonio de Fontiñas, este sábado 7 de xuño ás 20:30. horas, vaise celebrar o VII Encontro de Corais. Xunto coa Asociación Folclórica e Cultural Xirandaina, Grupo folclórico Fondo do Peto, Coral Ponte Mantible a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, e a Coral Carrocería Castrosúa, a nosa Coral de Solfa baixo a dirección de Franciso Tobar Cereijo interpretará:
- Verdes son os campos de Luís de Camoes. Música de Zeca Afonso Arr.: M. Roseira Días
- María Soliña de Celso Emilio Ferreiro Arr.: Francisco Tobar Cereijo
- O Carro de Manuel María Música de Baldomero Iglesias Dobarrio
- Torre de Hércules de Francisco Añón. Música de Francisco Tobar Cereijo