Proposición de lei, por Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego
A Asociación Cultural e Musical Solfa quixo implicarse nesta campaña iniciada por distintas asociacións que forman parte da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura e moitas máis entidades sensibilizadas co tratamento que se lle está a dar á obra de Castealo. Todas nós reivindicamos o dereito a coñecer e contemplar a obra de Castelo polo Pobo Galego.
Solfa puxo mans á obra e moitos dos nosos socios/as estamos recollendo as sinaturas necesarias para presentar no Parlamento Galego esta ILP. Estamos a preparar unha exposición dalgúns dos debuxos de Castelao. A apertura desta exposición irá acompañada dun concerto por parte da Banda de música de Solfa e da Coral co estreo do poema de Ramón Cabanillas, Na Morte de Castelao, musicado polo noso director Francisco Tobar. Non faltará lectura de textos de Castelao. Pregamos que, se alguén ten novas iniciativas e disposición a participar na difusión do coñecemento da obra de Castelao, se poña en contacto connosco. Será todo moi ben acollido.
Esta cita será o día 17 de abril no Centro Sociocultural das Fontiñas. Confirmarase a hora. Podemos facerche chegar un prego para que recollas sinaturas. Teléfono 676675030.