Actos de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego
Como xa anunciamos, a Asociación Cultural e Musical Solfa, integrante da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, xuntamente con outras organizacións sociais (Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Mesa pola Normalización Lingüística…) sensibilizadas co tratamento que se lle está a dar á obra de Castelao, organizamos para o día 25 de febreiro, ás 19.30h. no Museo do Pobo Galego unha mesa redonda baixo o título “Achegamento a Alfonso R. Castelao” na cal intervirán: Xoán Carlos Garrido, Xosé M. Rei Romeu e Paulo Porta.
Acabaremos o acto cunha breve actuación da nosa Coral interpretando:
Fisterra
- Popular galega
- Arr.: Francisco Tobar Cereijo
María Soliña
- Letra: Celso Emilio Ferreiro
- Música: Antonio Paz Valverde
- Arr.: Francisco Tobar Cereijo
O Maio
- Letra: M. Curros Enríquez
- Música: L.E. Batallán
- Arr.: Plácido Travieso
Lela
- Letra: Alfonso D. Rodríguez Castelao
- Música: Rosendo Mato Hermida
- Arr.: Francisco Tobar Cereijo
Exposición das Estampas da Guerra de Castelao
O sábado 21 de febreiro ás 12 horas no Centro Socio-Cultural de Conxo, inauguramos a exposición das Estampas da Guerra de Castelao, que se poderá visitar ata o sábado seguinte. Está exposición será levada ao Centro Socio-Cultural das Fontiñas do 17 ao 24 de abril.