O galego garantía de futuro
A Asociación cultural e musical Solfa, integrante na plataforma Queremos Galego, fai un chamamento aos seus socios e socias a mobilizarse o 17 de maio, ás 12.00h. nas Praterías en Compostela.
A convocatoria, baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.
A Coral de Solfa participará no acto cantando o poema de C. Enríquez, Na morte de Castelao e Fisterra, canción popular, sobradamente, coñecida por todos e todas.
Manifesto Galego, garantía de futuro
Asina o manifesto en www.queremosgalego.org