Festival de Bandas de Música en Compostela
O día 23 de maio a nosa asociación organiza o primeiro Festival de Bandas de Música en Compostela. Ás 18.00h. no campo da festa de Vidán, na Rúa da Igrexa de Vidán, dará comezo este concerto coa Banda Municipal de Música de Lousame.
Seguidamente a Xove Banda de Narón baixo a dirección de Francisco San Román Calvo continuará o concerto coa interpretación da obra Xove Narón de Andrés Pérez Fernández.
Por último a Banda de Música de Solfa dirixida por Fernando Rei Maio despediranos coa interpretación de tres obras: Aires Galegos de X. Montes, Fantasía sobre temas Galegos de Simón Couceiro…