Benvido/a
Benvido/a á Web da Asociación Cultural-musical Solfa, creada coa ilusión e coas ganas de que sexa un espazo de información e ferramenta indispensábel neste época histórica en que a información puntual e de fácil acceso é fundamental.
Queremos que esta ferramenta sirva como canle para unha maior implicación na asociación dos socios e socias, alumnos e alumnas e para, entre todos, achegarmos ideas, proxectos, programas… en definitiva que a Asociación sexa un fervedoiro de actividades.
Tamén, coa páxina Web de solfa, queremos combater o silencio a que estamos abocadas as asociacións culturais polos medios de comunicación. Darmos a coñecer o noso labor posibilita que máis persoas se interesen en formar parte da Banda de Música, da Coral e, por suposto, da nosa convivencia nos ensaios e nas múltiples actividades que realizamos.
As asociacións de base non nos cansaremos de demandar das Institucións o apoio necesario para que o tecido social e cultural sexa cada día máis sólido e forte. As bandas de música e os coros moven a milleiros de persoas. Todo investimento nelas será prioritario para potenciarmos a nosa cultura e reafirmármonos como pobo. É un ben público e social imprescindíbel para camiñarmos cara a unha sociedade de benestar, necesaria nestes momentos tan cruciais. Por iso, agradecemos á Sección de Cultura e Deportes da Deputación Provincial da Coruña o ter subvencionado está páxina Web e á Concellaría de Cultura do Concello de Santiago o seu apoio ás nosas actividades.
Lucía Carreira
Presidenta da Asociación Cultural Musical Solfa