24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea a Rosalía de Castro. O 24 de febreiro está fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora. Son moitos os actos que están a desenvolverse estes días, moi especialmente no ámbito educativo.
O Acto central terá lugar este domingo, día 21 de febreiro ás 12.00h., no Panteón de Galegos Ilustres.
A Asociación Cultural e Musical Solfa leva anos participando nesta data tan sinalada e, unha vez máis, a nosa coral poñerá voz a distintos poemas de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e Manuel María, baixo a dirección de F. Tobar Cereijo. Con isto e coa lectura de distintos poemas da homenaxeada daremos fe da grandeza da obra Rosaliana. Facemos extensivo o convite a asistir e participar a todos os socios/as de Solfa e todo o pobo de Compostela.