Asemblea xeral dos socios e socias de Solfa
Convocatoria da asemblea xeral dos socios e socias da Asociación Cultural e Musical Solfa para o día 14 de marzo, luns, ás 17.30h. en primeira convocatoria e ás 18.00 en segunda convocatoria no Centro Sociocultural das Fontiñas
Orde do día
- Aprobación da acta anterior, se procede.
- Dar conta das actividades realizadas no ano 2015
- Aprobación se procede do balance de ingresos e gastos do exercicio do 2015
- Memoria de actividades para realizar no ano 2016
- Orzamento para o exercicio 2016
- Elección dos cargos de Vicepresidenta, Tesoureiro e 1 vogal
- Rogos e preguntas.
- Varios.