Festa cultural e ecolóxica na Eira da Xoana
O domingo, 5 de xuño, a partir das 11 da mañá a casiña e eirado da Eira da Xoana, converterase nun espazo de recuperación das feiras de sempre da nosa Galiza, na que poderás atopar diferentes produtos artesanais e de produción ecolóxica, entre outras actividades.
Coa actuación da nosa Coral de Solfa, ás 13.00h. contribuiremos a que poidamos disfrutar dun domingo entretido e enriquecedor.
Levaremos un autobús que saíra ás 11.00h. do CEIP das Fontiñas e ate completar as prazas podes sumarte. Para confirmar dispoñibilidade podes chamar ao 676675030.