Asemblea xeral dos socios e socias de Solfa
Convocatoria dos socios/as da Asociación Cultural e Musical Solfa para o día 8 de marzo mércores ás 18.00h. en primeira convocatoria e ás 18.30h. en segunda convocatoria no Centro Sociocultural das Fontiñas
Orde do día
- Aprobación da acta anterior, se procede.
- Dar conta das actividades realizadas no ano 2016
- Aprobación se procede do balance de ingresos e gastos do exercicio do 2016
- Memoria de actividades para realizar no ano 2017
- Orzamento para o exercicio 2017
- Aprobación ou ratificación da nova directiva. (as propostas deberán presentarse como data tope o 7 de marzo de 2017)
- Rogos e preguntas.
- Varios
Santiago, 17 de febreiro de 2017
A Presidenta de Solfa,
Asdo.: Lucía Carreira