Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Homenaxe a Rosalía de Castro

Homenaxe a Rosalía de Castro

rosalia_concerto

Miña casiña, meu lar,
Cantas onciñas
D’ ouro me vals.

Follas Novas – Rosalía de Castro

Rosalía sempre viva, presente nos nosos cantares. Rosalía soubo a través da poesía loitar contra a inxustiza, denunciar a pobreza, a desigualdade, a miseria, … A través da súa obra recoñecemos o amor a Galiza, a defensa do noso idioma e o seu compromiso permanente co pobo galego. Queremos homenaxeala, un día máis, neste 180 aniversario do seu nacemento no Centro sociocultural das Fontiñas o día 9 de marzo ás 19.00h. Dentro da programación a coral de Solfa poñeralle voz a:

  • A Rosalía (Letra de M. Curros Enríquez; música: J. Alfredo Oliveira)
  • Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; música: Xoán Montes)
  • Has de cantar (Letra de Rosalía de Castro; música: Antonio B. Celada)