Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto en Moeche

Concerto en Moeche

castelo_de_moeche_2

Concerto da coral de Solfa o día 13 de maio, sábado, ás 19:30 no Castelo de Moeche. Aproveitando a viaxe á comarca de Ferrol, a mañá será dedicada a coñecer os arredores e a vila de Pontedeume. O profesor Manuel Rei serviranos de guía e achegaranos á historia desa comarca, tan castigada pola crise e o peche, case na súa totalidade, da industria naval.

Xa pola tarde, en Moeche a coral de Solfa poñeralle voz a un repertorio amplo. Comezaremos con O Maio de M. Curros Enríquez, poema que reflicte perfectamente a miseria e inxustizas sufridas  polo pobo galego. Despois de máis de 100 anos, o poema continúa tendo vixencia: …pra min non hai maio, pra min sempre é inverno… Continuaremos con Rosalía e non deixaremos de cantar música tradicional portuguesa e galega. Ter presente o que fomos, somos e coñecer un pouco máis a historia deste País é un obxectivo fundamental da nosa viaxe a Moeche.

Programa do concerto