A plataforma Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema En galego día a día
A Asociación Solfa, que forma parte da plataforma Queremos Galego, fai un chamamento a tod@s os soci@s de Solfa para que o día 17 de maio participen na manifestación de Queremos Galego. Será un acto festivo e reivindicativo a favor da lingua galega. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa da nosa lingua porque o galego é o elemento que nos une. Marcos Maceira indicou tamén que “son miles as persoas que demandan mudanzas que garantan a presenza da lingua propia de Galiza en todo e para todo”.
Santiago de Compostela acollerá a manifestación que sairá da Alameda ás 12h.
Máis información http://www.queremosgalego.gal/