Arte, poesía e música na paisaxe de Lóuzara
O próximo 2 de xuño de 2018, a coral da Asociación Cultural Musical Solfa, participará no roteiro de Fiz Vergara Vilariño. Desde o alto de Aira Padrón (a 1 110 m. de altitude por onde pasa o límite entre o concello do Incio e o de Samos e desde onde se poden ver as paisaxes de Fole, Novoneira, Marica Campo, Lois Pereiro, Olga Novo e incluso, en días claros, as de Manuel María. Baixaremos a Santalla de Abaixo, percorrendo as paisaxes do poeta que nos guía: Fiz Vergara Vilariño, un roteiro que funde a escultura de trece artistas da provincia cos versos de Fiz e que foi creado pola Agrupación Cultural Ergueitos, deica a súa casa, o seu muíño albeiro, a súa Fonte da Cova (xigantesca vaxina de pena caliza) no val xabreiro; con trece paradas para gozar da arte da poesía e da paisaxe. Rematará cun acto literario na Aira de Tesín no que participaremos coas nosas cancións.