Homenaxe a Manuel Lourenzo
A asociación cultural-musical Solfa ten a ben convidarte á homenaxe que Galiza Cultura, en colaboración coa Asociación cultural o Galo e a Asociación cultural e musical Solfa, lle realizarán a Manuel Lourenzo, unha das figuras máis importantes do teatro galego, nas súas facetas de autor, director, actor, produtor, editor, docente, conferenciante, tradutor e dinamizador de iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo foi fundador de diferentes grupos ou compañías de teatro, tales como o Grupo Teatro Circo, A Compañía Teatral Luís Seoane o Club de Teatro Elsinor e cofundador do Grupo de Teatro O Facho e a Escola Dramática Galega. Autor prolífico con máis de 150 obras dramáticas, moitas delas estreadas e publicadas, mais, tamén, participou como intérprete en numerosos audiovisuais, series de televisión e filmes.
Manuel Lourenzo ten recibido numerosos galardóns pola súa inmensa labor como escritor e director teatral. Nesta homenaxe presentarase a súa obra completa, recopilada en sete tomos, e recentemente publicada pola Federación Galiza Cultura.
Data e hora: Martes, 14 de xuño de 2022, ás 19:30h
Lugar: Salón-Teatro (sede do Centro Dramático Galego). Rúa Nova nº 34. Santiago de Compostela.
Intervirán na homenaxe:
- Susana Dans, actriz
- Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.
- Quico Cadaval, actor
- A Coral da Asociación cultural e musical Solfa
- Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego
- Xosé Manuel Carril, presidente da Federación Galiza Cultura
- Brandán Lourenzo, gaiteiro
Por cuestións organizativas, precisamos que nos confirmes, antes do día 12 de xuño, a asistencia, chamando ao número de teléfono 676675030 ou no correo electrónico asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
A entrada é gratuíta até completar o aforo.