Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Artículos de: administrador

Archivo por autor

Festival de Panxoliñas en Melide

Festival de PanxoliñasA Coral de Solfa, o día 14 de decembro, participa no concerto do Festival de Panxoliñas en Melide.  Festival organizado pola Coral polifónica de Melide e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Este concerto dará comezo ás 19.30 no Centro Cultural Mingos de Pita e interviran en primeiro lugar a Coral de Solfa, seguidamente o Orfeón Xoán Montes de Lugo e pechará o acto a Coral polifónica de Melide.

Fotos do Festival de Panxoliñas: https://photos.app.goo.gl/6bx4AMThZpLXFXSCA

Reportaxe do Concerto.

Agradecemos e facemos público o investimento subvencionado pola Deputación da Coruña, acto no que fixemos estrea da vestimenta da coral de Solfa.

Certame Memorial en Conxo

 

O día 30 de novembro, ás 19.30h. na Igrexa da Mercé de Conxo, dará comezo o Certame Memorial na lembranza de José Luís Segade Ferreiro e Juan García Puente.

A Coral de Solfa, xuntamente co Orfeón Ría de Muros, Coral Polifónica Trasdeza, Coro de Habaneras Rocha Forte e Coro Crecente Voces Graves de Conxo, farán deste concerto unha grande homenaxe a dous compañeiros falecidos recentemente.

 

Programa do Certame Memorial

Fotos do Certame Memorial: https://photos.app.goo.gl/MFxG9coNat6AFkZz7

 

Concerto de Música Coral

 

A Asociación cultural e musical Solfa, organiza o Concerto de Música Coral o próximo sábado, 9 de novembro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Este evento, dará comezo ás 19.00h. coa Coral Francisco Añón e pechará a Coral de Solfa.

Agradecemos a colaboración da Deputación da Coruña e animamos a todos os veciños e veciñas de Santiago a gozar con nós do noso canto.

Fotos do encontro: https://photos.app.goo.gl/uVJVx8zFu6Uj45Yg6

Encontro coral na Serra de Outes

A Coral de Solfa,  convidada pola Coral Francisco Añón de Outes, vai participar nun encontro de corais, nas que intervirá a nosa coral, seguida da Coral Agustín González de Louro e da Coral María Auxiliadora de Vigo e pechará o encontro a Coral Francisco Añón. Este encontro, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

O encontro será o sábado, 26 de outubro de 2024, ás 20.30h. na Capela da Serra de Outes.

A Coral de Solfa interpretará:

  • Torre de Hércules (Letra:  Francisco Añón  Música: Francisco Tobar Cereijo)
  • Costureiriña bonita (Letra e música popular Arr.: Francisco Tobar Cereijo)
  • O Carro ( Letra: Manuel María   Música: Xosé Luís Rivas Arr.: M. Ángel Vivo)
  • Ó rama, ó que linda Rama (Canción popular portuguesa Harm: Adelino Martíns)

Fotos do encontro:  https://photos.app.goo.gl/LnHSzyorshUyXQ8J7

Proclamar ao mundo que Galiza existe

 

Vía Galega e Galiza Cultura,  plataformas nas que está integrada a Asociación cultural e musical Solfa,  teñen o pracer de convidarvos á inauguración da exposición ROSALÍA : proclamar ao mundo que Galiza existe, que terá lugar no Museo do Pobo Galego, o mércores, día 25 de setembro, ás 19h.

Esta exposición, con textos de Francisco Rodríguez, conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro:

  • A súa biografía
  • O contexto histórico e socio-cutural no que se desenvolve e
  • O sentido e a vixencia da súa obra