Archivo por autor
X Encontro de música coral e tradicional
O sábado 9 de xuño, na Igrexa da Parroquia das Fontiñas ás 20.30 h. terá lugar o X Encontro de música coral e tradicional.
Este encontro é organizado pola Cofradía do Sto. Antonio e conta coa colaboración da Asociación cultural e musical Solfa.
As corais actuarán por esta orde:
- Coral polifónica Aires de Carral
- Escolma Coralis da Coruña
- Coral de Solfa de Compostela
- Coral Carroceira Castrosúa
Iniciativas da Fundación para a Diabetes
A Fundación para a Diabetes, organizou un percorrido parcial do Camiño de Santiago para persoas diabéticas co fin de animar a outros pacientes a facer exercicio físico.
Está previsto que máis de 100 persoas participantes cheguen á praza das Praterías este sábado, 9 de xuño, sobre ás 13.h.
A coral de Solfa recibiraos dándolles un pequeno concerto. Manifestamos, deste xeito, o noso apoio a estas iniciativas saudábeis para todas as persoas que padecen esta doenza. Máis información: https://www.galiciapress.es
Concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas
Hoxe, 28 de marzo ás 20.30h., comezaron os concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas. Foro cheo de familiares, amigos e amigas animadas a escoitar e apoiar con fervor cando os nervios se apoderan dos alumnos e alumnas de Solfa.
Cristian Leggiero, profesor de Piano, presentou os nove alumnos e alumnas de piano que interpretaron desde estudos sinxelos de F. Burgmüller até obras mais complexas de L.V. Beethoven. Leer el resto de esta entrada »
Ilusión e música de calidade no concerto de Solistas de Solfa no Teatro Principal
O Coro e a Banda de Solfa deron un concerto no Teatro Principal o pasado venres, día 25 de marzo, ás 21.00h. O concerto foi moi especial sobre todo para seis dos compoñentes da Banda que actuaban de solistas e que amosaron o seu bo facer coa música das frautas, trompeta, óboe e saxofón sobre o escenario ante un público que estaba entregado.