Actualidade
Convocatoria da asemblea xeral de socios e socias e Solfa
Convócase aos socios/as da Asociación Cultural e Musical Solfa para o próximo día 26 de febreiro, xoves, ás 17.00 h en primeira convocatoria e ás 17.30 h en segunda convocatoria, no Centro Sociocultural das Fontiñas, no Espazo Xove, primeira planta.
Orde do día
1. Aprobación da acta anterior, se procede
2. Dar conta das actividades realizadas no ano 2025
3. Aprobación, se procede, do balance de ingresos e gastos do exercicio 2025
4. Memoria de actividades para realizar no ano 2026
5. Orzamento para o exercicio 2026
6. Rogos e preguntas
7. Varios
O Teatro Principal volverá acoller a representación da obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao
Tras o éxito acadado no pasado mes de novembro, cando máis de cen persoas quedaron sen poder acceder ao Teatro Principal, a montaxe regresa á escena o vindeiro 28 de xaneiro de 2026, ás 20.00 h, no mesmo espazo.
A dirección corre a cargo de Lucho Penabade e o elenco está integrado por actores e actrices da Asociación Cultural e Musical Solfa e da Agrupación Cultural O Galo.
Representación de Un ollo de Vidro (Memorias dun esquelete) de Castelao en Rianxo
O Concello de Rianxo, no marco dos actos Castelao 2026, organizados pola Área de Educación e Cultura, acolle a representación da adaptación teatral de Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete) de Castelao.
A representación levarase a cabo o día 24 de xaneiro, ás 20:30 h, na Sala Arcos Moldes (Teatro) do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, por membros da Asociación Cultural e Musical Solfa e pola Agrupación Cultural O Galo de Compostela, baixo a dirección de Lucho Penabade.
O Teatro Principal acollerá a obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao
Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos.
O vindeiro 3 de novembro, ás 20:00 h, o Teatro Principal será o escenario onde esta historia cobre vida. A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade.
A través da mirada dese esqueleto, “soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata: as loitas labregas, o drama da emigración, o caciquismo ou a defensa do idioma galego… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes.
Como sinala Manuel Rei Romeu, en Desta terra e deste tempo, “Castelao anímanos a desentrañar as chaves e leitmotivs dun universo simbólico que conduce a unha toma de conciencia e a unhas conclusións sobre o mundo dos vivos.”
Esta representación ofrece ao público a oportunidade de achegarse á obra e ao pensamento de Castelao desde unha perspectiva viva e simbólica, perfecta para celebrar o Samaín cunha reflexión cultural e histórica.
Agrademos ao Concello de Santiago todo o seu apoio e a súa disposición para que esta obra se represente en Compostela.
Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 25/26
A Asociación Cultural Musical Solfa preséntavos a nova proposta de actividades para o curso 2025-2026
Oferta musical:
-
-
-
-
- Coro
- Pandeireta
- Baile tradicional
-
-
-
Horarios:
Coral de adultos
Ensaios: Luns e mércores, de 20:00 a 21:30 h.
Pandeireta (tres grupos):
- Iniciación: luns, de 17:00 a 18:00 h.
- Perfeccionamento I: luns, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento II: luns, de 19:00 a 20:00 h.
Baile tradicional
- Iniciación: mércores, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento: mércores, de 19:00 a 20:00 h.
Prezos:
- Socios/as: 3 €/mes
- Cada disciplina: 12 €
- As cotas deberán estar domiciliadas
Lugar:
As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Prazo de matrícula:
Do 15 ao 19 de setembro de 2025.
Teléfono: 676 675 030 (atenderase en horario de 16:00 a 20:00 h.)
Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
As persoas xa matriculadas en anos anteriores só teñen que confirmar que continúan.










