Archivo de 2022
Visita guiada ao Panteón Real
O martes, 29 de novembro, Vía Galega, en colaboración coa Asociación cultural e musical Solfa e coa Agrupación cultura o Galo, estamos a organizar dúas visitas guiadas por Francisco Rodríguez ao Panteón Real. Lugar, dentro da Catedral de Santiago, no que están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza.
Visita que nos dará a oportunidade de coñecer algo máis da nosa historia.
Haberá dúas quendas: a primeira ás 17.15h. e a segunda ás 18,15h. O foro máximo é de 25 persoas por grupo. Para asistir, é necesario apuntarse e pasarnos o nome, apelidos e DI antes do día 25.
Medios de contacto: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
Presentación do Caderno Símbolos Nacionais de Galiza
O martes 15 de novembro ás 18.30h no Museo do Pobo Galego presentarase o caderno Símbolos Nacionais de Galiza.
Intervirán os seus autores Manuel Ferreiro, catedrático da UdC e especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal, e mais Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da nosa bandeira.
Ao final da presentación terá lugar a interpretación do Himno galego por parte da coral Solfa.
Exposición Laxeiro en América
O martes 8 de novembro ás 17:45h. no Edificio do Museo na Cidade da Cultura, estades convidad@s a visita guiada á exposición LAXEIRO EN AMÉRICA que organizan a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural e Musical Solfa.
Nesta mostra ollaremos a obra do pintor de Lalín que nunca se exhibiu no Estado Español e que foi realizada durante a súa longa estadía en Bos Aires.
Esta exposición estará explicada por un dos expertos que mellor a coñecen, Xavier Pérez Buján, director da Fundación Laxeiro que tamén contestará as nosas preguntas.
A visita terá unha duración aproximada dunha hora e para participar debedes apuntarvos no watsap de Lucía Carreira 676675030 ou ben no correo asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2022/23
Do día 17 ao 23 de setembro, ábrese o curso da Asociación cultural e musical Solfa, despois do parón da pandemia.
Comezaremos cos ensaios da coral e clases de pandeireta.
Os ensaios e clases comezarán o día 3 de outubro.
Atenderemos no teléfono 676675030 (tardes de 5 a 8 h.)
Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
IX Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel
O SÁBADO, 9 DE XULLO, retomamos o CONVIVIO DA CULTURA GALEGA, desexando encontrarnos de novo na Carballeira de Santa Isabel e facermos unha boa festa ao redor da figura de Manuel María e celebrando a cultura de Galiza.
O programa para este día será o seguinte:
11.30 Acollida de participantes diante da Casa-Museo Manuel María ao son da música de Birloque Gaiteiros.
11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizarmos unha ofrenda a Manuel María.
12.30 Actuación, en Santa Isabel, da Banda de Música SONS E SOÑOS de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola voz de UXÍA.
13.45 Xantar de convivio (cada quen ten que traer a súa comida e bebida)
16.45 Foliada na carballeira coa actuación de PARABÉNS, XURXO SOUTO e RICHI CASÁS, TRADIVIVAS AGRA, BIRLOQUE GAITEIROS, AIRINHOS DO FIOUCO E FOLIADEIR@S DO CASTRO. Guía a festa: Xurxo Souto.
Encontro do asociacionismo cultural de base. As directivas das entidades pertencentes a GALIZA CULTURA (e quen quixer…) reuniranse ás 12,15 no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a súa actuación en común.