Cargando imaxes...

Archivo de noviembre 2023

CD Solfa 2023: Cantos de agora e de sempre

Colaboran

 

 

 

 

 

Prégase escoitar con auriculares, ou nun equipo de alta fidelidade

Carballos de Carballido

Na morte de Castelao

O maio

O meu barco

Costureiriña bonita

Eu de Marín ausenteime

Saudade

Fisterra

Xota de Lira

Gotinha de água

O rama

Himno Galego

 

Letra das cancións

XXXVIII Aniversario do Coro Aires de Bergantiños

 

Dentro do programa de actividades de Novembro con música, o Coro de Solfa vai acompañar o próximo sábado 18 de novembro ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Carballo ao Coro Aires de Bergantiños na celebración do seu XXXVIII aniversario.

 

Roteiro a pegada de Murguía en Compostela

 

O xoves, día 23 de novembro, ás 17h, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza un roteiro sobre a pegada de Murguía en Compostela. A visita será guiada por Henrique Rabuñal. Escritor e profesor. Quedamos ás 17h na libraría Couceiro. Pregamos a todas as persoas interesadas en asistir que deben enviar un correo ao enderezo: compostela@viagalega.gal.

Visita ao Panteón Real

O sábado, 25 de novembro de 2023, ás 11:45, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza unha visita guiada ao Panteón Real, situado na catedral de Santiago de Compostela, símbolo da importancia histórica e do poder e vontade do Reino de Galiza, onde están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza. A visita será guiada por Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico do Museo da Catedral de Santiago. 

Contamos con 30 prazas. Por tanto, todas as persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse no correo compostela@viagalega.gal antes deste próximo xoves, día 23. As prazas serán asignadas por orde inscrición e necesitamos que nos facilitedes o nome, dous apelidos e o número do DI.