Archivo de diciembre 2023
Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego
A coral da asociación cultural e musical Solfa vai participar no acto que Vía Galega e Galiza Cultura están organizando por toda Galiza para conmemorar que o día 20 de decembro de 1907 se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego no Gran Teatro da Habana. Este fito histórico tan relevante non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente.
Convidámoste a asistir ao acto de conmemoración desta efeméride e reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, composto por Eduardo Pondal. O acto comezará as 20h. no Teatro Principal de Compostela.
Entrada gratuíta até completar o aforo.
A Nosa Historia: A Música Galega no Tempo
Desde os albores do cultivo escrito do galego até os nosos días existiu un estreito vínculo entre poesía e música. Imos realizar un paseo ao longo da historia observando este vínculo na cultura galega.
A Asociación cultural e musical Solfa, para este percorrido, conta con Gabi Reboredo, músico e profesor de música tradicional que o próximo día 18 de decembro, ás 19h. No Centro sociocultural das Fontiñas disertará sobre a Evolución da Música Tradicional Galega.
O día 19 de decembro, será Pilar Reino, profesora xubilada de Lingua e Literatura Galega e Portugués no IES Xelmírez I (Compostela), a que baixo o título: A quen canta Solfa? A literatura galega no repertorio de Solfa levaranos a descubrir e coñecer algo máis da nosa historia.
Coa proxección dos vídeos realizados pola Coral de Solfa
A quen canta Solfa? A literatura galega no repertorio de Solfa (por Pilar Reino)