Cargando imaxes...

Archivo del 8 diciembre, 2024

Cantar a nación. Aniversario da estrea do Himno Galego

O día 20 de decembro, vanse cumprir 117 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego. Estamos ante un feito histórico relevante, xa que o Himno, como símbolo nacional, fortalece a nosa autoestima, identifícanos e represéntanos colectivamente e sustenta a nosa vontade de sermos e existirmos como pobo, ao tempo que reclama o dereito a sermos libres.

Vía Galega e Galiza Cultura co obxecto de  conmemorar está efeméride, reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, creado por Eduardo Pondal, e promover a súa divulgación e popularización, ten programado actos para o venres, día 20 de decembro, en diferentes localidades de Galiza.

A coral da Asociación Cultural e Musical Solfa participará de novo no acto de Compostela, que terá lugar no Teatro Principal, o venres, 20 de decembro, 20h.  Compartiremos escenario coa Coral A Salle e o grupo De Vacas.

CANTAR A NACION 2024 COMPOSTELA

Fotos do acto no Teatro Pincipal : https://photos.app.goo.gl/qBMtq1h7zw2UKstR6

Festival de Panxoliñas en Melide

Festival de PanxoliñasA Coral de Solfa, o día 14 de decembro, participa no concerto do Festival de Panxoliñas en Melide.  Festival organizado pola Coral polifónica de Melide e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Este concerto dará comezo ás 19.30 no Centro Cultural Mingos de Pita e interviran en primeiro lugar a Coral de Solfa, seguidamente o Orfeón Xoán Montes de Lugo e pechará o acto a Coral polifónica de Melide.

Fotos do Festival de Panxoliñas: https://photos.app.goo.gl/6bx4AMThZpLXFXSCA

Reportaxe do Concerto.

Agradecemos e facemos público o investimento subvencionado pola Deputación da Coruña, acto no que fixemos estrea da vestimenta da coral de Solfa.