Cargando imaxes...

Archivo del 6 febrero, 2025

Día de Rosalía de Castro 2025

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro e convida a participar á Asociación cultural e musical Solfa deste acto.

Nesta edición de 2025, Marga do Val  é a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 22 de febreiro ás 12:00 horas no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. A coral Solfa no desenvolvemento deste acto interpretará catro poemas:

  • A Rosalía Poema de M. Curros Enríquez (Música de José Alfredo Oliveira)
  • Soia! Poema de Rosalía. (Música de Xosé Carlos Seráns Olveira)
  • Adiós Ríos Poema de Rosalía. (Música de Luís Taibo – Arr.: Fco. Tobar Cereijo)
  • Negra sombra. Poema de Rosalía (Música de Xoán Montes – Arr.: Joám Trillo)

Ligazón do manifesto: https://www.aelg.gal/actividades

Fotos do concerto: https://photos.app.goo.gl/RjZq6SUmUgDDpxf49