Archivo del 18 marzo, 2025
Acto público en Compostela: ”A nación galega en Castelao»
Vía Galega convídate a asistir á conferencia, con posterior debate, ”A nación galega en Castelao» que será impartida por Manuel Rei, profesor, ensaísta e autor de diferentes estudos sobre a figura e obra de Castelao.
Abordarase a dimensión polifacética de Castelao e o seu pensamento político, filosófico e social, que fai de Castelao a figura máis relevante da Galiza do Século XX.
O acto terá luar, o día 18 de marzo , ás 20 horas, na Casa do Taberneiro, Rúa de San Pedro, nº 15.
Agardamos contar coa túa presenza!