Archivo del 14 junio, 2025
Concerto na Praza das Praterías
O vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 20:00 h, na Praza das Praterías de Compostela, terá lugar o concerto organizado pola Asociación Cultural e Musical Solfa, no que actuará como coral convidada a Coral Polifónica de Melide.
Traballo, esforzo e emoción non han faltar. Somos cada vez máis as agrupacións que, con maior ou menor implicación, sentimos a necesidade de beber da música tradicional e dos textos dos nosos escritores e escritoras, conscientes de que un pobo que non canta o seu, non ten futuro.
Con este concerto, contribuímos a preservar e transmitir un legado que debemos agrandar e enriquecer, mantendo viva a nosa identidade a través da música.
Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.