Archivo de 2026
Concertos, As rúas do Vento Ceibe, Xira por Galicia
As rúas do vento ceibe é un ambicioso proxecto musical que nace a partir da musicalización de poemas desta obra de Manuel María, cuxa finalidade é pór en valor o seu legado a través dunha adaptación musical de grande formato.
O compositor, Xosé Carlos Seráns, é o autor da música destas pezas, interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra, a mezzosoprano, Julia Portela Piñón e unha ampla representación coral de Galiza, cun un coro mixto -composto por cinco corais- e un coro xuvenil -formado por tres coros-. Dirixe, o director de orquestra, David Fiuza,
O espectáculo reúne máis de 300 voces, músicos e músicas, que interpretarán os poemas de Manuel María, xunto a poemas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro, configurando unha montaxe de grande envergadura musical e de grande significación cultural para Galiza.
A xira percorrerá as cidades de Lugo, Pontevedra e Compostela
Concerto en Lugo
Iniciase a xira pola cidade de Lugo, o día 15 de maio, ás 20:30 h. no Auditorio Fuxan os Ventos. Este concerto está patrocinado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico-Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, cuxa responsable desta área é a deputada provincial Iria Castro Fernández. Tamén contamos coa colaboración da Concellería, da Área de Cultura,Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, cuxa concelleira responsábel é Tareixa Ferreiro Tallón.
Concerto en Pontevedra
En Pontevedra, o concerto terá lugar o día 29 de maio, ás 20:30 h, no Pazo da Cultura. Está patrocinado polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Dinamización Social e Cultural, cuxo responsábel é o concelleiro Demetrio Gómez Xunqueira.
Concerto en Compostela
O concerto terá lugar en Compostela o día 30 de maio, ás 20:30 h., no Auditorio de Galiza. Este concerto conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, cuxa deputada provincial é Natividade González, e coa a colaboración do Concello de Compostela
Programa completo
Teatrofilia. Mostra de Teatro Amador de Vedra
A Asociación Cultural Papaventos organiza en Vedra a XXI Mostra de Teatro Amador, que se celebrará do 6 ao 28 de marzo, cunha programación ampla e variada.
O grupo de teatro Solfa e o Galo participará nesta mostra. O domingo 22 de marzo, ás 19.30h, baixo a dirección de Lucho Penabade, representaremos Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao, no Centro Sociocultural de Vedra.
Auto dos simulados da Caravilla de Manuel María
Será representada polo Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol o sábado 7 de marzo ás 19 horas no Teatro Principal de Compostela.
Adaptación cómica, en clave de esperpento, da obra de Manuel María (1978) sobre o chamado tributo das cen doncelas que os cristiáns debían pagar aos mouros. A peza ofrece unha sátira da figura de Santiago como guerreiro e da súa suposta aparición milagrosa na batalla de Clavixo, lenda empregada desde a denominada “Reconquista” como elemento político na construción de España.
Mestúranse personaxes históricos, como Carlo Magno, co almirante Balán, inspirado nos libros de cabalaría reunidos en A historia do emperador Carlo-Magno e dos doce pares de Francia, para ofrecer unha visión máis crítica e verosímil dos feitos. A obra convértese así nunha proposta divulgativa que reivindica a diversidade cultural do medievo fronte a unha historiografía monolítica que tende a uniformar a realidade da Península Ibérica, Europa e África. (Fonte: Nós diario)
Retirada das entradas na Zona C (Praza de Cervantes).
Horario: de 11 a 14h. e de 16 a 19h. a partir do 4 de marzo.
Homenaxe a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O acto central levarase a cabo no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, o domingo día 22 de febreiro, ás 12 h. Este é o programa previsto:
- Intervención da coral da Asociación Cultural e Musical Solfa con dúas estreas (*)
- Chámanlle a “Marquesiña” (*) de Daniel Rodríguez Castelao. Música de Francisco Tobar Cereijo.
- Soia! (“Do íntimo”, Follas novas, 1880). Poema de Rosalía de Castro. Música de X. Carlos Seráns.
- Saúda do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Lectura do Manifesto da AELG 2026, a cargo de Eva Veiga.
- Lectura de poemas rosalianos.
- Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
- Nosa Señora da Barca (*) (Cantares gallegos). Poema de Rosalía de Castro. Música de Francisco Tobar Cereijo. Estrea.
- Ofrenda floral.
- Interpretación do himno.
Manifesto de Eva Veiga Reportaxe gráfico da Homenaxe a Rosalía 2026
Vídeo da representación da obra Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete) de Castelao
Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos.
A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade.
A través da mirada dese esqueleto, “soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata: as loitas labregas, o drama da emigración, o caciquismo ou a defensa do idioma galego… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes. Leer el resto de esta entrada »












