Archivo del 8 febrero, 2026
Vídeo da representación da obra Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete) de Castelao
Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos.
A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade.
A través da mirada dese esqueleto, “soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata: as loitas labregas, o drama da emigración, o caciquismo ou a defensa do idioma galego… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes. Leer el resto de esta entrada »








