Cargando imaxes...

Archivo del 4 mayo, 2026

Concertos, As rúas do Vento Ceibe, Xira por Galicia

As rúas do vento ceibe é un ambicioso proxecto musical que nace a partir da musicalización de poemas desta obra de Manuel María, cuxa finalidade é pór en valor o seu legado a través dunha adaptación musical de grande formato.

O compositor, Xosé Carlos Seráns, é o autor da música destas pezas, interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra, a mezzosoprano, Julia Portela Piñón e unha ampla representación coral de Galiza, cun un coro mixto -composto por cinco corais- e un coro xuvenil -formado por tres coros-. Dirixe, o director de orquestra, David Fiuza,

O espectáculo reúne máis de 300 voces, músicos e músicas, que interpretarán os poemas de Manuel María, xunto a poemas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro, configurando unha montaxe de grande envergadura musical e de grande significación cultural para Galiza.

A xira percorrerá as cidades de Lugo, Pontevedra e Compostela

Concerto en Lugo

Iniciase a xira pola cidade de Lugo, o día 15 de maio, ás 20:30 h. no Auditorio Fuxan os Ventos. Este concerto está patrocinado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico-Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, cuxa responsable desta área é a deputada provincial Iria Castro Fernández. Tamén contamos coa colaboración da Concellería, da Área de Cultura,Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, cuxa concelleira responsábel  é Tareixa Ferreiro Tallón.

Concerto en Pontevedra

En Pontevedra, o concerto terá lugar o día 29 de maio, ás 20:30 h, no Pazo da Cultura. Está patrocinado polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Dinamización Social e Cultural, cuxo responsábel é o concelleiro Demetrio Gómez Xunqueira.

 

Concerto en Compostela

O concerto terá lugar en  Compostela o día 30 de maio, ás 20:30 h., no Auditorio de Galiza. Este concerto conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, cuxa deputada provincial é Natividade González, e coa a colaboración do Concello de Compostela

Programa completo