Cargando imaxes...

Archivo del 12 julio, 2026

50 anos do conflito lingüístico. Acto con Francisco Rodríguez

O pasado 10 de marzo cumpríronse 50 anos da publicación do libro Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza, de Francisco Rodríguez, editado por Xistral na súa colección Alexandre Bóveda.

Con este motivo, Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais Galegas, organiza un acto no que Francisco Rodríguez pronunciará a conferencia «Normalización versus asimilación: 50 anos do conflito lingüístico».

O acto terá lugar o vindeiro 15 de xullo, ás 19.30 horas, no Espazo Sociocultural Moncho Reboiras (Avenida de Lugo, 219, baixo).

A Asociación Cultural e Musical Solfa forma parte de Galiza Cultura e, como entidade integrante desta federación, participa neste acto e fai un chamamento a todas as socias e socios para que asistan a esta conferencia, que consideramos de especial interese e plena actualidade.

Nun momento no que a nosa lingua sofre continuas agresións e intentos de marxinación e substitución, cremos que é importante reflexionar sobre a súa situación e sobre os retos que temos por diante.