Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Festival de bandas en Ribadumia

Festival de bandas en Ribadumia

Banda de música de Solfa

 

O día 20 de outubro ás 20.30h. no Auditorio municipal de Ribadumía terá lugar o festival de bandas no que participarán a Banda de música de Solfa, Banda xuvenil de Xinzo e a Banda Xuvenil de Ribadumia.

Sairemos ás 18.30h. da Rúa de Roma, ao lado do CEIP das Fontiñas. Hai 15 prazas libres para aqueles soci@s que queiran ir ao concerto. Deberán apuntarse chamando ao teléfono 676675030. Hai límite de prazas.

A volta será aproximadamente ás 11 da noite.