Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Coro > Director

Director

FranciscoTobar

Francisco Tobar Cereijo. Nace en Santiago en 1964. Comeza os seus estudos musicais no colexio Peleteiro e finaliza os estudos de profesor superior de Trompa á vez que se diploma na Escola de Maxisterio de Santiago.

En 1983, ingresa cunha bolsa de estudos na Banda Municipal de Santiago, permanecendo nesta agrupación  máis de 10 anos. Nese mesmo ano, forma parte da sección de vento da Orquestra de Cámara de Santiago. En 1985 é nomeado profesor e director da Escola municipal de música de Caldas de Reis na que estará até o ano 1992.

En 1985, funda, xunto con outros compañeiros de Conservatorio, o Quinteto Novo de Vento co que dá concertos en Santiago, Lalín, Ponteareas, Marín, Lisboa, etc.

En 1989 gaña por Concurso-Oposición a praza de Director da Banda Municipal de Ribeira e exerce como profesor do Conservatorio da mesma vila, desempeñando o cargo de xefe de estudos. En 1996 obtén por Oposición a praza de mestre en Educación Musical. Entre os anos 1997 e 2001 é presidente da Asociación Pedagóxico – Cultural “Soutullo”.

En todo este tempo, realiza varios cursos de perfeccionamento instrumental con profesores da Orquestra Nacional de España (Miguel Torres Castellano,  José Ortí e  Enrique Ferrando), Ron Harris. Asistiu a varios cursos de Dirección de Bandas con Marcell Van Bree e Henrie Adams.  Tamén asistiu a clases de gaita galega co profesor Pablo Carpintero.

Entre o ano 1998 e 2002 canta no Orfeón “Terra a Nosa” e no Coro da Catedral Compostelá. No campo da composición ten algunhas obras para coro mixto, cancións…

Dende o ano 2007 ao 2010 desempeñou o cargo de  Director do CEIP de Bandeira e a partir deste ano é mestre no CPI Camiño de Santiago (Arca).