Actualidade
O Teatro Jofre de Ferrol acollera representación da obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao
Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos.
O vindeiro 28 de novembro, mércores, ás 20:00 h, o Teatro Jofre de Ferrol será o escenario onde esta historia cobre vida. A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade.
A través da mirada dese esqueleto, “soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata: as loitas labregas, o drama da emigración, o caciquismo ou a defensa do idioma galego… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes.
Como sinala Manuel Rei Romeu, en Desta terra e deste tempo, “Castelao anímanos a desentrañar as chaves e leitmotivs dun universo simbólico que conduce a unha toma de conciencia e a unhas conclusións sobre o mundo dos vivos.”
Esta representación ofrece ao público a oportunidade de achegarse á obra e ao pensamento de Castelao desde unha perspectiva viva e simbólica, perfecta para celebrar o Samaín cunha reflexión cultural e histórica.
Agradecemos á Sociedade Cultural Medulio, ao Concello de Ferrol e á Deputación da Coruña todo o seu apoio e disposición para facer posible que esta obra se represente en Ferrol.
O centro Ágora da Coruña acollera representación da obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao
O vindeiro 31 de outubro, ás 19:30 h, o Centro Ágora da Coruña, situado na avenida da Gramela, 17, será o escenario onde esta historia volverá cobrar vida. A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade.
Agradecemos á Asociación Veciñal da Agra do Orzán, á Agrupación Cultural O Facho, a Tempo Novo e á Deputación da Coruña todo o seu apoio e disposición para facer posible a representación desta obra no Centro Ágora.
Festival A Galiza Coral
No Centro Ágora, na Coruña, o sábado 3 de outubro, ás 19:30 h, a Coral de Solfa, baixo a dirección de David Lojo, dará comezo ao concerto cun repertorio de Rosalía de Castro, Francisco Añón, Castelao, Manuel María e música tradicional galega e portuguesa.
Damos as grazas á Asociación Veciñal Agra polo convite e pola organización deste concerto, que conta coa colaboración do Concello da Coruña.
Entrada libre ata completar o aforo.
Programa do Concerto
Aberto o prazo de matrícula na Asociación Cultural e Musical de Solfa curso 26/27
A Asociación Cultural Musical Solfa preséntavos a nova proposta de actividades para o curso 2026-2027.
Oferta musical:
- Coro
- Pandeireta
- Baile tradicional
Horarios:
Coral de adultos
Ensaios: Luns e mércores, de 20:00 a 21:30 h.
Pandeireta (tres grupos):
- Iniciación: luns, de 17:00 a 18:00 h.
- Perfeccionamento I: luns, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento II: luns, de 19:00 a 20:00 h.
Baile tradicional
- Iniciación: mércores, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento: mércores, de 19:00 a 20:00 h.
Prezos:
- Socios/as: 3 €/mes
- Cada disciplina: 12 €
- As cotas deberán estar domiciliadas
Lugar:
As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Prazo de matrícula:
Do 14 ao 18 de setembro de 2026.
Teléfono: 676 675 030 (atenderase en horario de 17:00 a 20:00 h.)
Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
As persoas xa matriculadas en anos anteriores só teñen que confirmar que continúan.
50 anos do conflito lingüístico. Acto con Francisco Rodríguez
O pasado 10 de marzo cumpríronse 50 anos da publicación do libro Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza, de Francisco Rodríguez, editado por Xistral na súa colección Alexandre Bóveda.
Con este motivo, Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais Galegas, organiza un acto no que Francisco Rodríguez pronunciará a conferencia «Normalización versus asimilación: 50 anos do conflito lingüístico».
O acto terá lugar o vindeiro 15 de xullo, ás 19.30 horas, no Espazo Sociocultural Moncho Reboiras (Avenida de Lugo, 219, baixo).
A Asociación Cultural e Musical Solfa forma parte de Galiza Cultura e, como entidade integrante desta federación, participa neste acto e fai un chamamento a todas as socias e socios para que asistan a esta conferencia, que consideramos de especial interese e plena actualidade.
Nun momento no que a nosa lingua sofre continuas agresións e intentos de marxinación e substitución, cremos que é importante reflexionar sobre a súa situación e sobre os retos que temos por diante.









