A Nosa Clave 2006/2007
En abril do 2006 a Banda Filharmónica de Galicia e seis corais de Compostela, máis de duascentas persoas, xunto co coro do CEIP das Fontiñas, volveron ao escenario do Auditorio de Galiza, dirixidas polo mestre Xosé Carlos Seráns. A Banda Filharmónica comenzou coa obra Carmina de T. Blanco. Estreou a obra Hipófisis (Fantasía) do compositor galego J. Javier Ces Calvo e interpretou a Sinfonía «O señor dos Aneis» do compositor holandés Johan De Meij. Despois do intermedio o Coro do CEIP das Fontiñas interpretou a obra de B. Colauis “Vois sur ton chemin” (No teu camiñar). Para rematar o conxunto dos músicos e das corais interpretaron dúas pezas do repertorio coral galego, baseadas nos poemas de Manuel María, Rosas e A Saleta con música de X. Carlos Seráns.
De novo, en maio do 2007, A Nosa Clave volveu a presentarse no auditorio de Galiza.
Nesta ocasión o programa contou co estreo das obras
Rapsodia Arousá de E. Vila Vázquez, Fábulas do Pico Sacro de E. Campos intepretada polo gaiteiro Xosé Manuel López Fernández (Josele), o Poema da Ausencia de Manuel Olveira Paz interpretado pola soprano Esperanza Filgueira Rama e Apreixar o vento de Marta Dacosta.
Tamén foron interpretadas a III Sinfonía op. 89 de J. Barnes e Onde está? con texto de S. López Blanco e E. Costal López interpretada polo Coro de nenos e nenas do CEIP das Fontiñas
Para rematar o concerto, as seis corais de Compostela xunto coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares interpretaron Lela de A. D. Rodríguez Castelao.