Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Aviso Legal e Privacidade

Aviso Legal e Privacidade

 

1. Obxecto e aceptación

As presentes Condicións Xerais incorporadas no presente aviso legal, regulan o uso e acceso aos contidos e servizos que Asociciación Cultural Musical Solfa, con enderezo na Rúa Berlín, nº 13- Santiago de Compostela, teléfono 682255520 e correo-e solfacompostela@asociacionsolfa.gal , pon a disposición dos usuarios, a través do seu portal en internet www.asociacionsolfa.org.

A navegación polo sitio www.asociacionsolfa.gal atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O usuario obrigase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, o orden público, os usos do tráfico e o presente aviso legal. O usuario responderá fronte a Asociación cultural Musical Solfa ou fronte a terceiros, de calesquera danos e perxuros que poderán causarse como consecuencia do incumprimento de dita obrigación.

2. Condicións de acceso e utilización

O acceso ao sitio www.asociacionsolfa.gal e aos seus servizos é de carácter gratuíto e non conleva a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do usuario. Solfa, resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu sitio web, da configuración e presentación desta e do aviso legal.

O Usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique á SOLFA e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O Usuario comprométese expresamente a facer un uso adecuado dos contidos e servizos de www.asociacionsolfa.gal e a non empregalos para:

  1. Difundir contidos, delictivos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou á orde pública.
  2. Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, estropear, interromper ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos da SOLFA ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso doutros Usuarios ao sitio web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales a SOLFA presta os seus servizos.
  3. Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutros usuarios ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos da SOLFA ou de terceiros e, no seu caso, extraer información.
  4. Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información de Solfa ou de terceiros.
  5. Suplantar a identidade doutro Usuario, das administracións públicas ou dun terceiro.
  6. Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.
  7. Recabar datos con finalidade publicitaria e de remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial sen que medie a súa previa solicitude ou consentimento.
  8. Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a Solfa sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.

En definitiva, os usuarios que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen a servidores conectados a redes, nin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.
Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade do SOLFA, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa ao Usuario dereito algún sobre os mesmos.
A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non sexa expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación quedan prohibidos.
O establecemento dun hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a SOLFA e o propietario do sitio web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte de SOLFA dos seus contidos ou servizos. Aquelas persoas que se propoñan establecer un hiperligazón previamente deberán solicitar autorización por escrito a SOLFA. En todo caso, a hiperligazón unicamente permitirá o acceso á home-page ou páxina de inicio do noso sitio web, así mesmo deberá absterse de realizar manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre SOLFA ou incluír contidos ilícitos, contrarios aos bos costumes e á orde pública.

4. Política de privacidade

5. Procedemento en caso de realización de actividades de carácter ilícito

No caso de que calquera Usuario ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificación a SOLFA identificándose debidamente, especificando as supostas infraccións e declarando expresamente e baixo a súa responsabilidade que a información proporcionada na notificación é exacta.

6. Publicacións

A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente aos diarios oficiais das administracións públicas, que constitúen o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.

8. Dereitos de propiedade intelectual

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos aportados por terceiros é da exclusiva responsabilidade dos mesmos.

Respecto ás citas de produtos e servizos de terceiros que, no seu caso poidan aparecer, SOLFA recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

A utilización non autorizada da información contida no sitio web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial que poidan corresponder a SOLFA dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

9. Recomendacións de acceso

Procurase que a presentación de todos os contidos e funcións esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Mozilla, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.


En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 1024 x 768 pixels e 1280 x 1024 pixels.

10. Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Especificamente están suxeitas ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal; a Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista,e a Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico.

Todas aquelas cuestións que puideran suscitarse con motivo da interpretación, execución ou eventual incumprimento das presentes Condicións Xerais, os usuarios , SOLFA e intervintes, con renuncia expresa ao seu foro propio, e con independencia do lugar onde se suscite calquera disputa entre os mesmos, sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

11. Varios

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e se interpretaran tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente documento realizase unicamente en galego.