Cargando imaxes...

Profesorado

Pandeireta

Gabi Reboredo comeza a súa andaina na Asociación Cultural Serandeir@s de Boborás aló polo ano 2007 mentres se forma en baile, canto e percusión no Centro de cultura Popular Xaquín Lorenzo e máis na AOFT en Ourense. Continúa en Compostela na ELMPG da Central Folque na modalidade de canto, onde participou na grabación de “Galiza”e Kepa Junquera e mais na orquestra De Cuellas Suite en Irlanda.

É alumno na E-Trad de Vigo desde o 2017 na especialidade de Acordeón Diatónico até hoxe, e continúa a súa formación con Pedro Pascual na escola de Cantigas e Agarimos en Compostela. Asiste de xeito habitual e diferentes obradoiros intensivos de canto, percusións, danza e técnica vocal.

No ano 2016 forma parte do corpo edanza do Etno Portuga,e no 2018, é membro de Schoolhouse Sessions Band en Escocia. Foi integrante de bandas de folque como Ethno Trío e De Cor de Lousa e mais do grupo vocal Pink Roe. Participou como letrista nos discos de Rústica, Lobos e Caldo. Na actualidade é vocalista do dúo Paraíso Canto e é membro da Banda de Sheila Patricia.

Baile tradicional

Antía Franco Caaveiro

Naceu nas Ponte de García Rodríguez no ano 2003. Actualmente cursa 4º de Ensinanzas Superiores de Música, na especialidade de frauta traveseira, no Conservatorio Superior de Música da Coruña, e posúe o título profesional de frauta traveseira polo Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez.

Participou en diversas masterclasses de interpretación con profesorado de prestixio entre os anos 2020 e 2024, entre as que destacan as impartidas por Mercedes Schmidt, Matthieu Gauci-Ancelin, Pepe Sotorres, Sarah Rumer, Clara Andrada, Luisa Sello, Claudia Walker e Juan Ibáñez.

Ao longo da súa traxectoria recibiu diversos recoñecementos e participou en múltiples proxectos musicais:

  • 1º Premio no I e II Concurso de Interpretación Musical do Conservatorio das Pontes (2017 e 2018).
  • Integrante da Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes.
  • Frautista, gaiteira e vocalista no grupo de música folk Quenindiole (2018–2023).
  • Recital de frauta traveseira no Auditorio Casa Dopeso (2021).
  • Fundadora, compositora/arreglista, gaiteira, frautista, pandeireteira e cantante do grupo Nimbos (desde 2022).
  • Profesora de gaita, baile, canto e pandeireta tradicional na asociación Gamelas e Anduriñas (Espasante).
  • Profesora de canto, pandeireta e baile galego nas asociacións As Campeiras (As Pontes, 2025) e Profesora de baile tradicional en Solfa en Compostela, 2025).