Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Certame Galego de Bandas > VII Certame Galego de Bandas de Música

VII Certame Galego de Bandas de Música

O sábado 16 de novembro de 2013, a Banda de Solfa participou no VII Certame Galego de Bandas de Música Populares. Interpretou as obras:

Pasodobre: Compostela de Bernardo del Río

Obra libre: Suite Galaica de Antón Alcalde Rodríguez
I. Despertar na montaña…
II. Noite de Bruxas…
III. Danza meiga e Final

Obra obrigada: Arieñium de José Ignacio Blesa Lull

Parabéns á tod@s os compoñentes da Banda de Música de Solfa. Quedar de terceiros no VII Certame Galego de Bandas de Música Populares é unha satisfacción moi grande. Compartimos escenario coa Banda de Música Popular de Moaña “Airiños do Morrazo”, coa Banda Sinfónica Adagio Cantabile, coa Banda de Música de Vilatuxe, gañadora e coa agrupación Musical de Belesar que quedou en segundo posto. Tamén levamos o premio de Temática Galega.

Parabéns ao noso director Fernando Rei que coa súa ilusión e traballo fixo que puidesemos gravar no noso maxín un día inesquecíbel.

Programa

Acta

Puntuación

Compostela de Bernardo del Río

Suite Galaica de Antón Alcalde Rodríguez

Arieñium de José Ignacio Blesa Llul
Suite Galaica

Arieñium

Compostela