Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Festival de Panxoliñas de Nadal 2015

Festival de Panxoliñas de Nadal 2015

Panxola_nadal_2015

 

O domingo 13 de decembro, ás 17.00 h, na Igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles en  Brión, dará comezo o Festival de Panxoliñas de Nadal.

Actuarán a Coral Polifónica de Bugallido, seguidamente a Coral de Solfa, a Rondalla de Aguiño, o Grupo Pange Língua de Muros, as Pandereteiras de Brión e rematarase cos Antiguos Tunos casa da Troia.

A nosa coral interpretará os temas:

Cançao de Natal
Alecrín
O rama
O Gato na tuba
Panxoliña encantada