Cargando imaxes...

Archivo de 2018

Nadal, ti que cantas

Na Escola de Altos Estudos Musicais o 20 de decembro ás 20.30 h, a Asociación Cultural e Musical Solfa interpretará un repertorio de música vocal da tradición galega e lusófona á volta do nadal.

O concerto repasará pezas populares de países como Brasil e Portugal e interpretará composicións galegas de diversos autores e poetas contemporáneos.

Solfa centra a súa actividade, dende a súa creación en 1997, na música galega tanto culta como popular. Este concerto especial de nadal está dirixido por Francisco Tobar Cereijo.

Programación FestAlegre decembro 2018

Musigalizando o Nadal

 

A Asociación Cultural e Musical Solfa, un ano máis, visitará aos nosos maiores para ofrecerlles un bo Nadal e compartir con eles uns momentos de lecer e de recordos. Todos xunt@s formaremos unha coral na que interpretaremos música popular e panxoliñas.

 

  • Día 14 de decembro, na residencia de maiores en Volta do Castro, ás 17.00h.
  • Día 19 de decembro, en Servisenior/Os Tilos ás 17.00h.

Poemas de «Os soños na gaiola» de Manuel María

 

O venres día 14 de decembro, ás 20 horas no Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías. Santiago) realizarase a presentación do facsímil da 1ª edición d’Os soños na gaiola de Manuel María, con ilustracións de Reimundo Patiño nunha edición conmemorativa dos 50 anos desta obra.

Mostra de 12 ilustracións de Leandro Lamas sobre poemas d’Os soños na gaiola

A coral Solfa interpretará os poemas de Os soños na gaiola

Intervirán:

  • Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María
  • Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago de Compostela
  • Saleta Goy García, presidenta da Fundación Manuel María

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2018/2019

 

Do día 11 ao 14 de setembro, de 17.00 a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música, Coro, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo, frauta, óboe, tuba, bombardino, trompeta, trombón, fagot, percusión, e solfexo durante o curso 2018/2019

Teléfono móbil: 676675030

V Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Organizado pola Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa. Unha nova edición do Convivio da Cultura Galega terá lugar o sábado 14 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá.

O Convivio é un espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe hai na Galiza.

Desde música tradicional, teatro, concerto da coral de Solfa, concerto da Banda de música de Rábade-Begonte, visita a Casa – Museo de Manuel María, pandereteiras de Monte Alto e moita festa na Carballeira de Santa Isabel ao lado do Miño.

Sairá un autobús de Fontiñas da Rúa de Roma, ao lado do CEIP ás 9.00h. Até completar as prazas podes apuntarte no teléfono 676675030. A data límite para anotarse será o próximo xoves día 28 de xuño.

Programa