A Nosa Clave 2004/2005
En A Nosa Clave colaboraron corais compostelás )Solfa, Polifónica da Ponte Pedriña, Polifónica La Salle, Coto da Nai, Pontemantible, Irmán Gómez, Escolanía San Francisco Xavier) así como Banda Filharmónica de Galicia.
Despois de meses de traballo, as sete corais e a Banda Filharmónica de Galiza fixeron a súa estrea no Auditorio de Galiza en xuño do 2004, baixo a batuta de Xosé Carlos Seráns. Para todos os membros das corais foi un reto demostrar que, desde a base, desde a implicación veciñal e o traballo colectivo, é posíbel organizar un grande acontecemento musical. O esforzo neste labor foi recoñecido pola sociedade galega elevouse a cabo nun grande escenario, o Auditorio de Galiza. O obxectivo educativo e participativo marcados foron amplamente conseguidos e só quedaba a necesidade de que este proxecto se consolidase.
En xuño do 2005 a Banda Filharmónica de Galicia e seis corais de Compostela, máis de duascentas persoas, volveron ao escenario da Capital de Galiza, dirixidas polo mestre Xosé Carlos Seráns. A Banda Filharmónica interpretou pezas da III Sinfonía de Alfred Reed e da IV Sinfonía de James Barnes. As seis corais acompañaron á Banda Filarmónica de Galicia na interpretación de fragmentos pertencentes a dúas das máis coñecidas óperas de Giusepe Verdi: O Coro dos Cíngaros da ópera Il Trovatore e Va Pensiero, de Nabucco. Para rematar, e xa na segunda parte, o conxunto dos músicos e das corais interpretaron dúas pezas de repertorio coral galego, baseadas nos poemas de dous grandes da nosa literatura. En primeiro lugar, a versión musicada do poema “Meus Amores”, de Salvador Golpe, con música de Baldomir e arranxos de Xosé Carlos Seráns.
E en segundo lugar, a estrea do “Soneto á Terra Cha”. Xose Carlos Seráns foi o encargado de pórlle música a este poema que o noso querido mestre e grande escritor Xosé Chao Rego, adicou ao poeta Manuel María. A Nosa Clave rendeulle deste xeito a súa homenaxe sincera a estes dous valedores da cultura galega, a estes dous poetas da Terra Chá.
No mesmo ano 2005, en novembro, a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago e A Nosa Clave réndenlle unha homenaxe a Manuel María. Foi un concerto moi emotivo para todos os compoñentes da Nosa Clave e un honra poder cantar poemas de Manuel María: Rosas e A Saleta, musicados por Carlos Seráns Olveira.
Programa da Homenaxe a Manuel María