Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Homenaxe a Rosalía. Sábado, 24 de febreiro, en San Domingos de Bonaval

Homenaxe a Rosalía. Sábado, 24 de febreiro, en San Domingos de Bonaval

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro e convida a participar á Asociación cultural e musical Solfa deste Acto.

Nesta edición de 2024, Carlos Callón é a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 24 de febreiro ás 12:00 horas no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. A coral Solfa no desenvolvemento deste acto interpretará dous poemas:

  • A Rosalía poema de M. Curros Enríquez (Música de José Alfredo Oliveira)
  • Estreo da obra,  Campanas de Bastavales poema de Rosalía de Castro (Música de Xosé Carlos Seráns Olveira)

 

2024 Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro

Galería de imaxes en Google Fotos