Rematamos os concertos didácticos.Trompa, óboe, trombón, trompeta e saxofón
O 11 de abril, día importante para Xoán García Cánive que, no seu primeiro concerto ao piano, interpretou o Estudo – R. Guzman e no xilófono a Tribu de E. Sejourné/P. Velluet. Tamén Lucas Lojo Iglesias, coa súa trompa e no seu primeiro concerto, interpretounos o Himno da Alegría- L.V. Beethoven e logo, acompañado da trompetista de Sabrina Salgado, deleitáronnos co Duo-Corumbaya-peter wastal.
Seguidamente os óboes, trombón e trompeta, acompañados da Pianista Paula Gago, recreáronnos con obras de J. S. Bach, Veracini até os contemporáneos como, Ferrer Ferrán.
Por último os saxofonistas, con obras de Marie de H. Fournier, J. M. Allerme, V. Monti, entre outros, despediron estes concertos didácticos cun Catro por catro de S. Lance.
Profesores e alumnos durante este mes abril intentaron que, despois do estudo e unha esforzada aprendizaxe previa, puidésemos gozar dunhas horas de música moi agradable.
Parabéns polo traballo e ánimos para superarse e atinxir novas metas.